DreamWorks Records | |
---|---|
Fundado en | 1996 |
Fundador | David Geffen, Steven Spielberg e Jeffrey Katzenberg |
Estado | defunta |
Distribuidoras | Geffen Records, Polydor |
Xénero(s) | varios |
Orixe | Estados Unidos |
Localización | Beverly Hills (California) |
DreamWorks Records foi un selo discográfico estadounidense. Fundado en 1996 por David Geffen, Steven Spielberg e Jeffrey Katzenberg como unha subsidiaria de DreamWorks SKG, o selo operou ata 2003, cando foi vendido ao Universal Music Group. A compañía tamén operou unha subsidiaria baseada en Nashville, Tennessee, chamada DreamWorks Nashville, que estaba especializada en música country e que pechou en 2005. O logo da discográfica foi deseñado por Roy Lichtenstein, sendo o seu derradeiro encargo antes de que morrese en 1997.